CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PATROA
O día 4 de decembro estaranse a calebrar en Santiago os actos do día da Patroa de IV Ciclo Sénior. Para que se poida asistir a usc pon un autobús dende Lugo e ese día non haberá docencia.
VIAXE A FERROL. ASOCIACIÓN DE ALUMNADO
O sábado día 30 de novembro, aproveitando unha climatoloxía bastante favorable para o que foi un chuvioso mes de novembro, moito alumnadfo asociado realizou unha viaxe a Ferrol cunha organización perfecta en canto a horarios e visitas, por non falar do ambiente de camaradería. Unha gran novidade foi a visita a unha fragata damariña e a entrada no museo. Por suposto que o xantar e a sobremesa fantásticos.
CURSO 2018-2019
O COCIDO DA ASOCIACIÓN DE ALUMNADO
Sábado día 2 de febreiro de 2019, este alumnado da Universidade Senior non ten medo a nada e coma cravos e puntualidade británica ás dez en punto preparados para montar no autobús cun sol primaveral.
Non sabían ou non querían saber o que lles esperaba na viaxe, a falta de experiencia viaxando e a xuventude xogan estas malas pasadas.
Ainda non se chegara a Castroverde e dende as fientras do autocar viamos estas paisaxes navideñas pero estando en febreiro. Esto non se correspondía coa soleada fachada de Maxisterio. Se non o lembrades mirade máis arriba.
Se mirades máis abaixo veredes a estrada ao seu paso por Cádavo.
Fin de traxecto, que guai xa estamos na Fonsagrada. Día primaveral coma hai poucos, o solfai qie puñamos as gorras para non coller unha insolación, a ninguén se lle esqueceron as chanclas na casa.
Esto pinta mal, hai quen pensa que hai que quedarse a durmir na Fonsab
grada e fan acopio de pan nos panadeiros de Palas.
Xa imos para a primeira visita, caras alegres porque contan que dentro do Museo a calefacción estará a tope, pobres ilusos, pobriñas ilusas, xa verán cando entren, xaaaaa.
Embotelladora de sifóns, que foi daqueles sifóns de antaño que acompañaban tan ben o vermut e as olivas?
En calquera casa, en calquera bar había un sifón e agora os pobres só se atapan no museo.
Escultura de Paco Pestana. Un soldado no baño se salgar, morto sen querer morrer coma calquer porco polo San Martiño.
Unha escola daquelas que todos e todas da universidade Senior pisamos para aprender as primeiras letras, pupitres dobres, tode de madeira, co seu tinteiro, o mapa colgado. As paredes correspóndense pouco pois as escolas de antaño en edificio deixaban abondo que desexar. En moitas aldeas grazas que algunha veciñanza cedeu unha cuadra.
Rematada a visita, a pé e golpe de paraugas todo o mundo para o restaurnte Cantábrico. A nevada copiosa seguía acompañando pero xa non había quen nos parase, a fame apreta e o cocido espera para ser devorado.
Primeiro prato, ou sopa de cocido ou caldo de nabizas, á escolla, estaban quentes e eso agradeciase debido ao temporal de fora que según algunhas linguas só eran unhas folerpiñas.
"Prato minimun " Hai que gardar o réxime e comer todo cocido por prescripción médica.
O tempo seguía pasando e non se paraba de comer nen de charlar, é o bó destas xuntanzas que sempre se fan ou amigos ou coñecidos pero de enemigos nada, eso tende a cero.
Postres sobre a mesa e as gañas de comer non ceden, non faltan nenas filloas nen as rosquillas.
Parece que o tesoureiro da Asociación xa fixo de Ministro de Facenda e ten a recaudación ao completo. Claramente despois de xantar toca pagar o estipulado.
Esta Julia,,,, apúntase a un bombardeo e eso que está de ano sabático
Fin de festa, foto de rigor e para o autocar que estamos no inverno e anoitece de contado.
O ano que ven vémonos outra vez no cocido pero polo medio queda moita festividade: ruta das camelias, Logroño, cea-baile de fin de curso...
Anotade nas axendas para non saltar ningunha.
COMISIÓN ACADÉMICA.
O vindeiro día 5 de setembro ás 17:00 horas, terá lugar o acto de apertura de curso 2019/20 no Salón de actos da Facultade de Humanidades, onde a Profesora. Rosa Romero Franco impartirá a conferencia que leva por título: As Plantas Mediciñais: Un Recurso natural con Futuro.
ACTO DE ENTREGA DE INSIGNIAS E DIPLOMAS DA USC A NOV@S GRADUAD@S 2019
Lugo, sábado 1 de xuño de 2019.
O acto de graduación para o alumnado de 4º curso será en Lugo e actuará como padriño da promoción o profesor D. Emilio Carral Vilariño.O xantar será no restaurante Os Robles situado en Saamasas.
ASOCIACIÓN DE ALUMNADO IV CICLO SENIOR
Presidenta Mª Xosé Meilán.
Vicepresidente: Xosé Luis
Tesoureiro Carlos Anllo
Ao longo do curso fóronse desenvolvendo as actividades programadas.
É moi recomendable asociarse pois disfrútase de ventaxes importantes. Unha vez iniciado o curso pasaráse polas aulas de primeiro para facilitar o feito de asociarse.
Á hora de formalizar matrícula, o alumnado de 1º matricularáse de catro obrigatoriamente e os dos demáis cursos das que desexen (como mínimo unha). Os prazos de matrícula serán os mesmos que para o resto de alumnado da USC ( do 9 de setembro ao 20).
Hai unha oferta de créditos complementarios introducindose para este curso o Inglés I, Educación Fisica Saudable, Fundamentos de Dereito, Informática II, Teatro do século XX e Historia da Arte II.
Aula Virtual. Para o vindeiro curso hai moito interese de que funcione a Aula Virtual de xeito que o profesor de cada asignatura montará a aula co seu alumnado para depositar nela apuntes, avisos, propostas, etc. Para poder operar nela o alumnado é mester ter a dirección de correo-e que nos da a USC, o que se chama [nome do alumno]@rai.usc.es así que se o tedes non o perdades fará falta para moverse no curso así como para a biblioteca virtual. Se non dispós del porque o perdiches podes pedirlo de novo á universidade (proba neste ENLACE ). Para saber cal é o voso correo rai da USC, co que poderedes entrar (cando estean habilitadas) nas aulas virtuais de cada unha das materias nas que estades matriculados/as; así como recibir toda a información que dende os servizos centrais da USC se lle envía a todo o alumnado, tedes que chamar ao 982 820 000 e marcar a extensión 55555.
O QUE DEBEMOS SABER CANDO VIAXAMOS
Se xa tes 60 anos, disfruta das ventaxes e comodidades que ofrece a viaxe en tren, obten a Tarxeta Dourada e así poderás adquirir billetes para calquer clase e tren. Os luns, martes, mércoles e xoves beneficiaste dun 40% de desconto. Os venres, sábados e domingos, o desconto será do 25%.A Tarxeta Dourada, cunha validez anual, pódese adquirir en estacions Renfe, Oficinas de Ventas e Axencias de Viaxes por 6 Euros. Tamén existe a posibilidade de adquirir a Tarxeta Dourada asociada a tarxetas de crédito e débito, emitidas por algunhas entidades bancarias. En concreto Abanca dispón desta tarxeta que ten as ventaxes da azul, máis as de Renfe e tamén descontos en tendas.Tamén son beneficiarios da Tarxeta Dourada os pensionistas maiores de 18 anos en situación de incapacidade física ou psíquica permanente total, absoluta ou gran invalidez, formalmente declarada.
IMSERSO. VIAXANDO POR TELO GAÑADO
Atentas e atentos ás viaxes que tedes contratadas de Imserso e pendentes de pagamento, non vaia a ser que se vos esquenza pasar polo banco e perdades as vacacións. Parece ser que nunca choveu que non escampara e coma sempre sairá o sol.
Para facer boca vouvos a informar de como moverse pola Costa do Sol, que transporte empregar e a donde ir.
Sabedes que os destinos son: Torremolinos, Benalmádena e Fuengirola. Da capitalidade, Málaga, a Fuengirola hai tren de cercanías e autobús que circulan de seguido facendo paradas en tódalas poboacións. O autobús é un anaco máis barato que o tren pero este gaña en velocidade para facer os percorridos.Por exemplo, en tren de Torremolinos a Málaga Centro 20 minutos, en autobún o mesmo percorrido, 40 minutos. O prezo do tren ida e volta son 8,60 €, pero no bus son 6,80 €.
En canto á oferta de viaxes ou excursións de MundoSenior non as collades á primeira pois, no propio hotel ou na rúa (en Torremolinos o Sr Antonio) son de fiar, seguras o moitísimo máis baratas.
VIAXANDO POR ANDALUCÍA. QUE DEBEMOS SABER.
Se vas a viajar por Andalucía, para o tren emprega a túa tarxeta Renfe para abaratar custos. Se empregas o autobús de proximidades antes do inicio infórmate se hai tarxeta de viaxeiro pois así as viaxes son máis baratas e se tes que facer trasbordo é ainda máis barato.un exemplo, en Huelva e provincia opera a empresa Damas, as tarxetas desta empresa poden adquirirse en estancos e nas estacións de autobuses. O prezo da tarxeta é de 1,50€ que che devolven ao entregala. Podes cargala co diñeiro que queiras e se o prezo normak da viaxe é de 1,55€, coa tarxeta custa 1,05€ pero as ventaxes non rematan aquí, se
pensas facer trasbordo porque te desprazas a outra localidade empregando dúas liñas, tes que advertilo ao conductor da primeira liña dicindo que vas a facer trasbordo e a segunda viaxe custo só 0,50€.
Se o teu destino é a costa de Huelva non deixes de pasar pola capital, merece a pena pateala.
Moi cerca está La Rábida co peirao das Carabelas e o Museo de Colón que ten prezo reducido para pensionistas. Non esquezades levar algo que demostre que sodes pensionistas (carnet da Caixa de Aforros ou dalgunha asociación)
ALICANTE-BENIDORM
Para moverse desde Benidorm ao resto da provincia, ademáis de aluguer un coche, temos as posibilidades do tren e do autobús. O tren ten o atranco, a lexanía da estación e do apeadeiro. A estación está subindo pola rúa do Scala despois de subir todo Xaime I e o apeadeiro queda fronte á estación de autobuses.
Millor opción son os ALSA que teñen moito horario, moitos destinos e prezos asequibles. As paradas de ALSA en Jaime I fronte á gasoliñeira (para os de Poniente) e tamén na Avenida de Europa (en Levante) dónde tamén está despacho de billetes e información de horarios e percorridos.
Desde Benidorm perdede unha tarde para achegarvos á Vilajoiosa e disfrutar do Museo do chocolate Valor, merece a pena.
POR TORREMOLINOS, BENALMÁDENA E FUENGIROLA.
Moi importante ter moi coñecidos os horarios de autobuses e de tren. O tren pasa cada 20 minutos en calquera das direccións.
A continuación horarios e liñas de autobús non urbano desde Fuengirola
Non deixedes de visitar poboacións como Arroyo de la Miel, Mijas, Marbella e o seu afamado Puerto Banús coa superpoboación de Rolls Roice
VIAXANDO POR CATALUÑA
Para ir a Cataluña tes variados destinos e en todos eles como primeira opción de desprazamento os Rodalies de Cataluña (Renfe de toda a vida). Aquí tamén podes empregar a tarxeta dourada de Renfe que aportará grandes descontos aos destinos que visites, por exemplo de Salou a Barcelona ida e volta con tarxeta custa 10,60€ e sen tarxeta case 19 €.
Se o teu destino é Salou hai unhas cantas cousas que debes saber:
Para visitar o delta do Ebro, si ou si tes que facelo coa excursión ofertada por Mundo senior pois non hai outro xeito.
Para localidades próximas o millor é irte á Empresa Planas que tanto en Salou coma en La Pineda ten varias oficinas e mercar a tarxeta de autobús de 10 viaxes que se vades en grupo é recargable e sae a viaxe a 1,20€ vaias a onde vaias en cercanías (Ronda, Cambrils, La Pineda, mercadillos...)
A Barcelona e Montserrat tamén ten esta Empresa viaxes organizadas baratas, coa tarxeta podes adquirir por 19,90 viaxe guiada a Barcelona, se amercas aparte custará 29,90. Pero para ir a Barcelona eu aposto polo tren, saes ás 8:41 e regresas ás 17:55 e todo na estación de Paseo de Gracia(totalmente céntrico en BCNA)
Dende Salou e para visitar Tarragona o millor é autobuses Planas coa túa tarxetiña de 1,20 € a viaxe.
Se tes como destino Santa Susana ou Lloret de Mar, sen dúbida móvete en Rodalies a fai rutas a pé. Precisamente en Lloret hai unhas rutas de sendeirismo impresionantes que podes cargar na aplicación para smartphone de nome Wikiloc. Tamén o concello organiza visitas guiadas nas que hai que apuntarse.







Moitas grazas pola información, sobre a oferta do Inserso ,é de agradecer ter unha persoa que se preocupa dos compañeiros.xubilados-
ResponderEliminarSaudos.- M. Cuesta
Gracies amigo Tino: Que siempre estás al tanto y nos avisas de los acontecimientos. Una aperta. Alfredo Pérez
ResponderEliminarGracias , todo muy interesante y útil
ResponderEliminarThe 8 Best Casinos in Las Vegas - Mapyro
ResponderEliminarThis includes: 2. Bellagio, Mirage, Sands Expo Convention Center and 8 Golden Nugget · The Strip is 성남 출장샵 full 강원도 출장샵 of things to do · There 평택 출장마사지 are 천안 출장샵 10 계룡 출장샵 hotels on