MATRÍCULA: para o curso 2018/2020 o prazo de matrícula estará aberto dende o 9 de setembro ata o 20 de setembro de 2019
O número de alumnos por materia fixouse nun mínimo de 10 e un máximo de 30
Representante do alumnado na Comisión Académica:
Florentino González Pérez.
O curso dará comezo o día 1 de outubro
ACTIVIDADES DEPORTIVAS.
Información
Nas actividades deportivas este curso non hai actividades propias para IV Ciclo polo que as acti8vidades serán comúns para todo integrante da USC (alumnado, profesorado, persoal de servizos...)
CURSO 2019-2020
Na páxina web da USC está toda a información sobre matrícula, materias, contidos, bibliografía e xeito de avaliación. Podes ir ás meterias neste ENLACE MATERIAS
Á hora da matrícula presencial enterámonos de que non todo é tan transparente para estar na páxxina web da usc. Hai materias que cando te achegas a formalizar matrícula danche a sorpresa de que cambiaron de horario, de facultade ou de ambas, coma é o caso de Lingua Galega ou Historia da Cidade de Lugo . Antes de asinar e marcar casiñas mira ben os horarios que che presentan.
IV Ciclo Universitario
Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/ivciclo
É un programa de formación dirixido aos alumnos maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación.
Este ciclo formativo na Universidade de Santiago de Compostela denomínase IV Ciclo Universitario e, dende o seu comezo en outubro de 1997, busca a integración conceptual do programa nos demais ciclos que se imparten dentro desta Universidade.
Información
Directora: Dna. Mª Esther Olveira Olveira
Secretaría: Dna. Belén Seijas Rosende
Coordinadora Campus Lugo: Mª Teresa Rodríguez López
Enderezo
Unidade de Xestión Académica
Pavillón estudiantil (baixo). Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 814 588
Correo electrónico: ivciclo@usc.es
Enderezo web: http://www.usc.es/ivciclo








