Na medida do posibel dende este sitio trataremos de enlazar con títulos bibliográficos suxeridos polo profesorado ou outros que consideremos de interese e poidan aportar luces sobre os temas a traballar nas aulas.
Este icono serviranos para facer subidas de arquivos, fotos, traballos, libros, mapas, que desexemos compartir cos demáis compañeiros e compañeiras dun xeito tan sinxelo como é clicar nel se usas rato no teu equipo informático ou tocando nel se a pantalla é táctil. O sistema vai pedir que te identifiques, para elo emprega a dirección de correo que adxunto así como a clave (contrasinal) deste xeito todo é sinxelo e non precisas grandes coñecemento informáticos:
CORREO ivciclo.usc.lugo@gmail.com
CONTRASINAL ivciclo2016
Trata de memorizar estos datos ou apuntalos para o seu uso.
Cando remates lembra sempre pechar a nube (Drive)
Xa están en marcha os libros do curso 2018-2019 así que a por eles
XEOGRAFÍA DO MUNDO. Para iniciar as clases de Xeografía nada millor que un extenso ATLAS do mundo que nos aporte todo tipo de explicacións sobre economía, sociedade, cultura, mapas físicos e políticos. Esto pódese consultar e dascargar nas direccións
ATLAS-MUNDIAL e
ATLAS-INTERACT
HISTORIA DE LUGO I.- Para poder seguir as clases con xeito de Adolfo que millor que dispor da bibliografía específica que el recomenda. Un xeito é achegarse á biblioteca intercentros do campus de Lugo ou a biblioteca de Formación do Profesorado e pedir o libro que se desexa, eso si, co carnet de estudante
na man. Outro xeito consiste en recurrir a este blog e descargalo da súa biblioteca se está.
O primeiro libro en uso xa sabedes que é Lucus Augusti de Colmenero que podes atopar en PDF aquí ou mercalo en Amazón por 34 €, ti elixes.
Un xeito de facerte co libro Lucus Augusti consiste en clicar na carátula e ela te levará á biblioteca de Hª de Lugo I. Por se cho pide anota os datos de máis arriba.
ECONOMÍA.- Nas clases de Actualidade económica, seguramente que o profesor Luis Castañón, con asiduidade nomea a Marx ou a Keynes ademáis doutros eminentes economistas. Se tedes interese en profundizar neles, na biblioteca do blog tedes obras completas dos mesmos para descargalas, tanto en formato pdf como para libro electrónico.
Podes descargar este libro para o teu libro electrónico ou para lelo no ordenador. Se o desexas podes imprimilo.
Clica na carátula do libro para ir á biblioteca.
Podes acceder a este libro no ordenador clicando na carátula.
Podes descargar este libro para o teu libro electrónico ou para lelo no ordenador. Se o desexas podes imprimilo.
Clica na carátula do libro para ir á biblioteca.
Estamos ante un programa que nos presenta o profesor de Historia Carlos Baliñas como unha gran ferramenta de axuda para entender a cronoloxía histórica.
Para facer uso do programa clica na imaxe da esquerda ou no enlace
http://geacron.com
Este programa permite acadar tanto mapas históricos como liñas de cronoloxía dende o ano 3000 a.c. ata a nosa era.

O programa é moi sinxelo de usar cunha barra de menú moi intuitiva.
O peor que hai unha app para smartphone pero non é gratuita, ten un custo de 2,99 € para instalala.
Aquí está whatsapp.
Agora diredes: Whatsapp xa estaba hai tempo! Vaia descobrementos que nos trae este Tino!
Pois si, é un descobremento, unha novidade, agora xa non precisamos ter o móbil ou como din nas telenovelas americanas "el selular" ó carón para enterarnos de como vai o whatsapp. Como? Xa se pode instalar a aplicación no ordenador PC ou na tablet con windows 8 de xeito sinxelo e ir recibindo as conversas a tempo que traballas, o que se denomina Un gran avance tecnolóxico. Se tes interese por esta nova aplicación segue os pasos que che propoño:
DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL.
Hoxe vou aventurarme a recomendar un libro entretido e doado de ler, ambientado na vila de Ribadeo e co cal podes percorrer rúas e prazas. O título do libro "O globo de Shakespeare" que podes atopasr na biblioteca Xeral da USC coa referencia GA43126. A sinopsis do relato é a seguinte:

Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes d’ o globo de Shakespeare. o achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan, asulagará os seus soños e as súas vidas. o globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do premio terra de melide 2008, alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor. o monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cunha apoteósica final tráxica.
