domingo, 4 de maio de 2014

TRABALLOS PROPOSTOS POLO PROFESORADO.

PROPOSTAS DE ENTROIDO, CARNAVAL OU COMO QUEIRAMOS CHAMARLLE
RECETAS (Están pensadas para thermomix pero también se hacen a mano con las mismas proporciones. La batidora es un gran tercer brazo en la cocina)

OREJAS

Ingredientes:

1 huevo
100g de mantequilla o margarina
1 cucharilla de azúcar glas
Más azúcar glas para espolvorear
50g de anís
50g de leche
1 cucharilla de ralladura de limón y naranja
450g de harina
1 sobre de levadura química
Aceite de oliva suave para freírlas
Garbanzos secos, para freírlas
Elaboración:

Incorpora todos los ingredientes en el vaso excepto la harina y la levadura, y  mezcla 1 min/ 50ºC/ vel 3.
Añade la mitad de la harina y la levadura y mezcla 20 seg/ vel 6
Añade el resto de la harina y amasa 2min
Deja reposar la masa 1 hora.
Se hacen bolitas que luego estiramos con el rodillo entre dos plásticos, y freímos en abundante aceite, al que habremos añadido una monda de limón, para darles aroma, y unos 8 garbanzos, para que no se queme el aceite.

Una vez frías espolvoreamos con azúcar glas.

FILLOAS  GALLEGAS

Ingredientes:

1000g de agua y una cucharada de sal(10g)
Ó caldo de cocido (frío)

300g de harina de repostería, aprox.
2 huevos
Un taco de tocino blanco
Azúcar
Elaboración:

Echar en el vaso el agua, la sal y la harina y batir 30seg en vel  3 ½
Fíjate si  la masa,  es como una papilla más bien líquida, estará  lista cuando cubre el dorso de una cuchara. Rectifica la harina o el agua si ves que la necesita, ya que no todas las harinas son iguales.

Ahora echa los huevos y vuelve a batir 30seg/ en vel 3 ½ .
Vierte en un recipiente y deja reposar el “amoado” durante 1 hora.

Pon en una filloeira, o en una sartén  al fuego untándola con tocino pinchado en un tenedor, cuando esté caliente, vierrte dentro un cucharón de crema, mover la sartén para que cubra el fondo. Darle la vuelta cuando los bordes se desprendan. Una vez dorada retirar y continuar  hasta terminar con la masa.
Si no se consumen pronto, es recomendable al sacarlas de la sartén dejarlas enfriar encima de un paño o mantel, antes de apilarlas en un plato, ya que les queda una humedad por el medio que crea moho enseguida.
La masa de las filloas se puede hacer con el caldo limpio colado (caldo resultante de cocer la carne del cocido gallego), o bien se puede hacer de agua con sal o bien hacer una mezcla de agua y leche, aunque así se parecerá más a un crepe en vez de una filloa.
A mi me gusta comerla calientes.


En mi casa las que sobran ( raro) si están frías, las envolvemos y las pasamos por la sartén espolvoreadas con azúcar ( sin cortarse) llenando toda la sartén ( 5 o 6 filloas enrolladas) y dejamos que se caramelice el azúcar, se les da la vuelta con un plato y se vuelven a espolvorear con azúcar, y otra vuelta más. Están buenísimas.
PROPOSTAS DE TRABALLOS
Estudantes de primeiro ano, de segundo ou de calquer ano, aproveitade este recurso para compartir traballos. é sinxelo e doado de empregar, son carpetas como as do ordenador onde gardamos os traballos.
ENLACE PARA VER TRABALLOS. PREME NEL CO BOTÓN ESQUERDO E XA TE DIRECCIONA Á CARPETA DE TRABALLOS. DESCARGA O QUE NECESITES


 Descarga ou sube os traballos
 Para acceder debes empregar:
CORREO             ivciclo.usc.lugo@gmail.com
CONTRASINAL        ivciclo2016

A ÓPERA DOS SÉCULOS XVIII A XX: Nesta materia os traballos prodúcense con asiduidade pois á presentación dunha ópera xurden pequenas presentacións e lecturas de libros.
Ildebrando d'Arcangelo "Non piu andrai" Le nozze di Figaro bajobarítono
https://www.youtube.com/watch?v=MtXHqMMr41I
Giunse alfin il momento Recitativo y aria para el personaje de SUSANA- Anna Netrebko
https://www.youtube.com/watch?v=R-L4DMuvzvo
Bryn Terfel Jones, CBE (AFI: [brɨn ˈtɛrvɛl], Pant Glas, Caernarfonshire, Gales, 9 de noviembre de 1965) es un bajo-barítono galés de ópera y conciertos. Terfel fue inicialmente asociado con roles de Mozart, Figaro y Leporello, pero expandió su repertorio a roles más pesados, especialmente los de Wagner. Se destaca en el repertorio popular y de comedia musical. 
Duetino apertura: "Cinque, dieci, venti, trenta"
https://www.youtube.com/watch?v=Ew571WMgrdg 
Cinque, dieci, venti - Diana Damrau, Ildebrando d'Arcangelo
https://www.youtube.com/watch?v=gSTByVkqnoE
Nº 14. Duettino. Aprite, presto, aprite;
aprite, è la Susanna.

ASTRONOMÍA: Nos propios horarios do curso, atopamos o Blog do profesor de Astronomía D. Manuel Andrade que contén fotos, textos e material para o alumnado que do IV Ciclo curse a asignatura. Para a vosa comodidade poñemos aquí o ENLACE

A AGRICULTURA A PEQUENA ESCALA: Se vos dirixides á Biblioteca do BLOG xa escontrades algo de material bibliográfico para o inicio da asignatura. Do libro "O pequeno é grande" podedes dispor das páxinas 29 a 51 en pdf, así como da 52 á 71 Tamén dun artigo referenciado nunha revista cientifica.
O profesor da asignatura, Emilio, entrou con forza e xa propuxo un traballo para expoñer na clase e que deberá estar concluido antes de Nadal. Poderá facerse en grupos dun máximo de tres persoas pois, ao parecer, catro son multitude. Os traballos poderán versar sobre: Emisións gasosas do gan vacún, Os cultivos tranxénicos e o seu impacto social, ou Xestión dos xurros nas granxas ou explotacións agrícolas.
ECONOMÍA; Libros en pdf, pub e kindle recomendados para seguir a materia coas diferentes tendencias que moven a economia mundial.
BIODIVERSIDADE 3º CURSO. Teresa Rodríguez, a profesora da asignatura, parece que este ano se mostra esixente co alumnado pois, propón ao alumnado o desenvolvemento de dous traballos para este cuadrimestre, un deles será sobre a saída ao campo, percorrido polas marxes do río Miño e desembocadura do río Rato para observar aves (máis info en www.venveraves.com ). O segundo traballo será sobre o documental  Wilmed "El último bosque del mediterráneo". Máis abaixo un resumo do video para que vaiades facendo boca.  Lembrade tamén que os documentos que nos envía Teresa para seguir as clases están tamén na Biblioteca do Blog.
Moi interesante estivo a clase de Teresa sobre introducción de especies invasoras en medios acuáticos. Aconsellounos a visualización do documental "La pesadilla de Darwin" que, como resulta extenso eu fago a proposta de ver UN resumo que trata da cría da perca do Nilo no lago Victoria coa consecuente industrialización do lugar e o deterioro do ecosistema como consecuencia dos cambios ocasionados no habitat
Alucinante, a que si? Non sei se volverei a comer panga na vida... Ah, se queredes ver o documental completo podedes facel premendo no ENLACE





RETAZOS DO DÍA A DÍA NAS AULAS DO IV CICLO

CURSO 2018-2019
FUNDAMENTOS DE PSICOLOXÍA. Deuse por rematado o cuadrimestre da materia e toca facer balance do mesmo, non é unha avaliación pois esta sería grupal pero si é unha reflexión sobre este catro meses de convivencia.
Había certas reticencias dez minutos antes do comezo da materia sobre cal sería a canle pola que nos moveriamos, ata se comentaba se nunha clase básica se podería aprender algo se xa tiñas conceptos da materia. A profesora, Celia, levou a clase con organización conbinando os aspectos teóricos cos debates e coas clases prácticas, un acerto enorme.
O remate da materia que non se fixo de xeito improvisado se non que se pactou con tres semanas de anticipación, foi un debate político-social e humán con cafés e viandas por se a temática se alongaba. Non faltaron os bombóns,  os bola de cabelo de anxo e o biscoito para mollar no café quente.
A avaliación final da materia deste xeito parece darlle un aliciente á vida.
É de agradecer a Celia que mediante o correo electrónico puxese a dispor do alumnado matriculado as presentacións powerpoint que empregou na clase.

Día da Patroa.
O vindeiro día 4 de decembro non haberá clases en IV Ciclo debido á conmemoración do día da Patroa. De todo a alumnado é coñecido que Francisca Álvarez foi nomeada en sesión da Comisión Académica como a Patroa dos estudos de IV Ciclo na usc.

Estanse a pre3parar os actos conmemorativos para ese día aquí en Lugo. Como avance, o inicio de actos será ás 11:30 no salón de actos do Vicerrectorado.




Intercambio coa Universidade de Tenerife.

CURSO 2017-2018
HISTORIA DE LUGO I. Un pequeno paseo polos Burgos Vello e Novo de Lucvs Augusti.
Eran as dez da mañá dun sábado de xaneiro e alí xunto ao profesor de Historia de Lugo I D, Adolfo de Abel Vilela nos atopabamos case a totalidade d@s matriculados na materia. O lugar de encontro os arcos da casa Consistorial e mirando ás Cortiñas de San Román (agora Praza Maior).
Mirando hacia as cortiñas de San Román e situados no campo do Castelo temos ao fondo as torres da Catedral e á dereita unha branca galería de estilo mudéxar.
Praza de Santa María co Pazo do Bispo á dereita e a Catedral cos seus diferentes estilos arquitectónicos á esquerda. Aquí vese a entrada porticada no que está instalado o pantócrator.
Sabemos que nos comezos do século XVIII tanto por dentro das murallas como por dentro da Catedral deambulaban libremante os porcos pois Antonio Freire e Andrade conta que estando en Lugo visitou a Catedral e atopouse dentro dela a animais inmundos e que estaba descuidada e sucia.





Torre do reloxo da Catedral e ao fondo torre do reloxo do Concello. A da catedral foi a primeira en dar as horas en Lugo, soaba pola hora prima para empezar a actividade e á posta do sol coa queda para que os lugueses se resgardaran na casa pois a partir desa hora estaba prohibido circular polar ruas.
Existiu un conflito horario entre os reloxos das torres pois cada un daba unha hora diferente, o do concello a oficial do governo e a da catedral a dos clérigos.
Coa chegada do tren instalouse en RENFE un terceiro reloxo coa hora oficialista.


Lugo está pragado de escudos, a mágoa é que os que levan en lugo toda a vida ou os que levamos un terzo dela estamos tan ancorados en rutinas que nen sabemos da súa existencia. Os escudos dannos referencias de quen donou, executou ou mandou executar a casa, entorno ou parte dun edificio así coma a época de execución. Este escudo dos Aguiar está situado na Catedral, fronte á "casa das bruxas"

Recibindo a clase na Praza do Campo. Despois de ver a Fonte de San Vicente pasamos a recibir información sobre as casas de arquería e de esta en particular que garda o tipo de construcción orixinal dunha única planta dobre as columnas. Nela e baixo a farola pódese aprezar o relevo dun crismón (seguinte foto) que fai referencia á unión de Lugo coa igrexa e o privilexio como cidade sacramental
Non é Lugo a única cidade co privilexio da exposición do Santísimo permanentemente. Sobre cantas máis pode haber non me parece que estean contadas pero si as hai, sen ir moi lonxe podemos achegarnos ata León.
O que si é certo é que non existi ningún documento, ou ata agora non apareceu que reflicte este privilexio para a Catedral de Lugo pero xa se sabe que os acordos dos cónclaves e concilios non sempre están documentados e escritos. Si se pode asegurar que a partir de 1534 a exposición do Santo Sacramento é permanente.


Visita á exposición do Camiño e as peregrinacións na Praza do Campo. Esta é visita recomendada para ver unha das escasas casa-torre que quedan do Lugo medieval.
Porta Miñá, interesante a súa visita pola grande cantidade de información que aporta sobre a construcción da muralla e como se defendían as portas. A dereita e esquerda da porta polo seu interior están as bases de onde partían dúas torres cadradas, á dereita o gozne onde se asentaba a porta de madeira e máis no interior as dúas acanaladuras por onde corría a reixa levadiza. Sobre a porta un arco vaciado onde existía unha capela para dar misa diaria. Á dereita as escaleiras que baixan á restaurada fonte Miñá. Dos sobrantes desta fonte surtíase o matadoiro que está en extramuros.

CURSO 2016-2017
HISTORIA DA ARTE: Visita ao Mosteiro de Samos e Capela de ciprés




Pedra no teito do claustro. Lede con atención pois os canteiros da época tamén tiñan senso do humor. 




A profesora Carolina coma sempre moi ben documentada para a ocasión non deixou de explicar e informar a todo o alumnado dos pormenores de Mosteiro, non quedando sen visitar nen a fabulosa biblioteca nen a capela do Ciprés. 

AULAS DE XORNALISMO: Viaxe a Arteixo e A Coruña



















HISTORIA DA ARTE: Clase maxistral na Catedral de Lugo.
Día 29 de marzo de 2017, o alumnado de Historia da Arte do Campus de Lugo está convocado na Praza de Santa María para recibir unha clase "in situ" a cargo da profesora titular da materia que como de todos é coñecido tamén é investigadora da Catedral e Pazo Episcopal.
Comezamos o percorrido recreándonos nesta marabillosa vista á que quizáis non lle deamos toda a importancia que ten porque o vemos tódolos días
 No interior do Pazo Episcopal hai teitos coma este, vigas de madeira que co paso dos séculos seguen perdurando e facendo a súa función pero adem'ais permiten recrear a vista na súa policromía e perfección de trazos. Consérvanse pintados escudos de armas na trabe traveseira
Continuou a visita polo Pazo no que vimos o seu patio interior, a escalinata e arcos románicos. Rápidamente voltamos de novo á Praza de Santa María para encamiñarnos á visita da Catedral.
Esta visita era moi esperado polo alumnado pois, iamos a ver partes do edificio que están pechados ao público xeral e nós, privilexiados por ver estos espazos e contar como guia con Carolina.
Primeiras explicacións de Carolina Casal sobre a construcción do Templo e seguintes modificacións, así como do entorno que circunvala a Praza.
Neste punto faise referencia á piscina romana existente que, para uns pode ser unha piscina termal aunque parece máis axeitado polos motivos do seu fondo e as escalinatas que ten que, o uso principal era como piscina bautismal.
Este foi o noso primeiro obxectivo, explorar a torre do reloxo coas súas singularidades construtivas.











Xa no cumio da torre puidemos ver a gran campá coñecida coma "A Froilana" cunhas dimensións considerables, altura 144 cm. diámetro: 120 cm.
Cóntanos Carolina dúas lendas sobre esta campá:
- O día que a Froilana deixaba saír as súas badaladas, as mulleres de parto tiñan un parto bo e sen dores.
- Cando había pedrisco, faciase soar a Froilana para que deste xeito as pedras fosen pequenas e non se votasen a perder as colleitas. Un ano aconteceu que a campá non emitiu as súas badaladas e as pedras foron tan grandes que se perdeu todo o que estaba a nacer nas hortas. Ademáis foi tanta a auga caida que a campá medrou de tamaño.

Vistas dende o campanario da torre do reloxo
Vista da Casa do Concello e Praza Maior.
Dende estas alturas a cidade de Lugo vese diferente.


Xa se baixou ata o nivel da primeira construcción da Torre. Este sería o tellado, unha fantástica terraza para disfrutar Santa María e parte de Clérigos.


Nesta parte Carolina, informounos sobre o poe que dos arcos e como son de recente construcción (século XIX) e só con función ornamental.











A grande "xoia da sacristía", trátase dun capitel en material marmóreo e incrustado na parede para ser empregado nunha primeira época como fonte, para o cal se lle practicou un burato polo que saía un cano. Nunha primeira etapa de recuperación da peza por parte dos investigadores catedralicios conqueriuse anular a función de fonte pero o mal que se fixo feito está e parece que terá pouca recuperación. Parece que o segundo paso será sacalo da súa gaiola de cemento, limpar e pasalo ao Museo para o seu estudo e exposición.
Trátase dunha marabillosa peza en mármore que foi un capitel e que representa a creación de Eva
Baixorrerelevo que representa a unión da Catedral de Lugo co Santísimo Sacramento.
A visita pese ás máis de dúas horas de duración fíxose curta, precisabamos máis pero a profe tiña que regresar ao seu domicilio e xa se estaba a facer noite. Na despedida non faltaron as palabras de agradecemento a tan "escepcional guía".
Carolina, esta clase precisa unha segunda parte porque aquí estamos seguros, temos a certeza de que segundas partes si son boas.

XORNALISMO E SOCIEDADE: O alumnado de 4º e dentro das actividades da materia Xornalismo e Sociedade realizouse unha visita ás instalacións de El Progreso con video explicativo e ruteiro entre a maquinaria da rotativa.

Para finalizar a visita, o xornal El progreso obsequiou a tódolos asistentes cunha bolsa que contiña varios agasallos, entre eles o xornal do día e o DVD "Lugo dende o ceo".
HISTORIA DA ARTE de 4º curso: A profesora da materia propón que o alumnado realice un traballo sobre algunha peza de arte da zoa e sobre a que haberá que documentarse. O concello de Lugo é rico en arte polo que non hai que desanimarse.
Dª Carolina pasou correo co link das clases e temas do cero ao seis. Para descargalos no ordenador podes copiar este enlace na barra de navegación ou clicar nel  https://www.dropbox.com/sh/uhyvap0qaebc74l/AAC9iRA9EHSOsLFco0qOoZuba?dl=0

O día 21 de decembro o alumnado de Historia da Arte tivo a clase no Museo Provincial para dar continuidade á arte contemporánea, así a visita guiada pola profesora da materia versou sobre fotografía realizada por persoas diminuídas visualmente e a visita a unha sala de pinturas e traballos varios na que destacan as obras de diminuídos psíquicos.
 Nesta sala que é a entrada ao Museo pódense ver os traballos fotográficos do abradoiro de fotografía que se está a desenvolver para diminuídos visuais
Sala con traballos varios y variados materiais. Este que se ve en primeiro termo é un tipo cortina con pezas de vinilo e cada unha representando un ollo.
 Composición en óleo sobre cristal coa técnica do fume. Brevemente explicaremos que para realizar esta técnica, o artista pinta sobre papel, unha vez finalizado pasa a pintura ao cristal por simple presión a cando está pasada queimase o papel, feito que serve para fixar o pigmento ao cristal por medio da calor e o fume.
O alumnado atendendo as explicacións da profesora sobre a vida da autora da obra que está debaixo e a técnica empregada.
Aula de Xornalismo e representación teatral. Esto aconteceu o luns día 19 de decembro. Primeiro no salón de actos do Vicerrectorado tivo lugar a aula de Xornalismo con tres xornalistas lucenses como invitados. A continuación a representación teatral da que damos unha reseña:
Comentario que nos mandou Camilo Valdehorras sobre a representación.
Camilo Valdehorras é un dramaturgo, autor de obras de teatro premiadas en diversos festivais. Foi o director do Grupo de Teatro Valle Inclán que representou esta obra de Manuel María "Unha vez foi o trebón" en 1976.
"Moi suxestivo o tratamento  estético, por obra das gamas do negro, q troca os personaxes en sombras e desrealiza o espazo-tempo.
Sutil coreografía medievalizante dos corpos e "gestus" dos personaxes-grupo anónimo (moi brechtiano).
E atinada dramaturxia da luz: creando atmósfera
expresionista coa proxeción de vultos disformes nos fondos. Tres efectos que eu estimo moi "irmandiños". De bo teatro de cámara "de arte e ensaio".
Parabéns ao Grupo!! (e a autora da reportaxe)."

CURSO 2015-2016
VenVeraves. ACTIVIDADE DE CAMPO PARA ALUMNADO DE 3º EN BIODIVERSIDADE.
A actividade estase a desenvolver entre os días 20 e 24 de outubro dirixida por Xoán. Aos participantes e tamén habituais do Paseo do Miño a priori pareceunos unha actividade que pouco podería aportarnos pero a medida que transcorría o tempo de observación, o interese ía in crescendo, canto ser vivo que estando ao noso redor tódolos días pasa desapercibido!
Dase comezo á camiñata no mesmo punto de reunión, fronte ás piscinas municipais As Pedreiras. Aquí a primeira clase ou toma de contacto  co equipo. O equipo é un simple binicular ou prismáticos que hai que axustar á vista de cada usuario, por tanto, que si pecha o ollo dereito, que si enfoca o sinal azul, que si non a vexo, que xa o teño ben, etc, etc, xa preparado todo o grupo para observar aves.
A observación de paxaros cando están entre as pólas das árbores non é doada, primeiro hai que orientarse polos cantos que emiten, despois dar con eles coa vista e, por último e se dá tempo votar mans aos prismáticos.
Subindo pola carballeira do campus, a que uno As Pedreiras cos edificios da EPS.

 Un pombo que decidiu pousar para o grupo, máis tarde baixou ao chan para deguntar unha saborosa landra que tragou dunha soa vez.

 No chan é doado de avistar aves, como exemplo este merlo macho que se distingue polo seu pequeno tamaño e a súa cor negra.
Tratando de ver entre as canas da árbore un pequeno ferreiriño rabilongo. Marisa, Julia e Javier parecen enfrascados na tarefa.
 Xa na pasarela de madeira que hai sobre a N VI. Prismáticos preparados para ver con claridade dúas lavandeiras brancas que saltaricaban no camiño.










Neste espazo de beira río démonos de fuciños cunha fermosa lontra que paseaba pola verde herba pero, en canto nos avistou zambulliuse nas augas do Miño e xa lle perdimos o rastro.
Houbo quen avistou unha especie de ave negra río abaixo con cores na cabeza verdes e amarelas que, cando lle enfocamos os prismáticos resultou ser unha chancla.
Chamounos a atención a gran cantidade de azolla filicoloides, esa alga invasora que se ve nos remansos do Miño e que posiblemente teñen a súa procedencia nos verquidos de limpeza de acuarios domésticos
 Esta bolboreta non tivo ningún pudor para poñerse diante das cámaras e deixarnos un bo recordo.
Despois de escoitar paxaros e paxaros, descubrimos que o seu órgano fonador chamado sirinxe é moi peculiar e capaz de emitir dous sons diferentes á vez pero aquí non remata todo, este órgano non é exclusivo das aves pois estas compartenno cos crocodilos. A que esto vos parece interesante?
Despois dun par de horas de camiñata un pequeno descanso no que deu tempo a facer a foto de rigor.
Sobre o río como bos nadadores que son unha parella de ánades reais, un macho e unha femia. Xa adiviñades cal é o macho pero por se non o sabedes é o ben peiteado, o que leva o calar, o que ten esa plumaxe fina (é broma!) En primeiro plano o macho e en cor marrón a femia. Son grandes nadadores pero non son mergulladores, esa faceta deixanna para cormoráns e mergullóns pequenos.
Neste espazo de beira río entre apretadas arboledas debatiuse se as hedras son tan perxudiciais para as árbores que hai que limpialas. Non parece que lles resten nutrientes pois as raices de cada quen están en diferentes planos, tampouco é moi probable que lle impidan ás árbores engordar o tronco, pero o que si é seguro é que as baias da hedra son unha gran fonte alimenticia de paxaros comedores de grans e daqueles que se alimentan de insectos que buscan acubillo entre a vexetación de hedras.
Curiosa fotografía, dous cabaliños do diaño copulando. Fanno a certa distancia unidos por unha especie de pinza que posue o macho no abdome. Ás veces este apareamento remata de forma tráxica pois a efusividade do macho dá ao traste coa vida da femia. Pero, cando sae ben poden rematar a cópula voando e entablando cos dous corpos unha figura que se asemella a un corazón, que romántico!
Espectacular vista do Caneiro da Tolda que forma un remanso de augas no que conviven e se poden ver aves e mamíferos buscando o seu alimento.
O inicio da parede do Caneiro visto desde a marxe esquerda (A Tolda) Pódese apreciar a disposición das pedras empregadas para a súa construcción. Ao fondo a caseta empregada para resgardarse e gardar as artes de pesca. Preguntarédevos, e que se pescaba? Pois na súa maioría anguías.
Hoxe estas construccións están protexidas e moitos dos donos están asociados para poder reparalos e usalos.
En tempada da pesca da anguía cada caneiro ten que aportar á ICONA (instituto para a conservación da natureza) un número de anguías femias e en contrapestación o instituto sementa no río que ten os caneiros un elevado número de alevíns de anguía.
AS FOTOS VAN CHEGANDO DOS DIFERENTES GRUPOS
Enviadas por Cuesta





MÁIS FOTOS DE VENVERAVES








LOLA NON SE ESQUENCEU DO LABOR SOCIAL DO BLOG E ENVIOU ESTO
Roubado ou pousado? O grupeto atento ás indicacións do cámara que a bo seguro parece ser Xoán. Aló ao fondo, entre as canas das árbores surcando o río unha parella de cormoráns ou corvos mariños. Estas cinco xoias da foto non o9s poden ver porque lles quedan de costas. Posiblemente Xoán tampouco xa que ten un ollo fechado e o outro no obxectivo.
 Espectacular foto do vo da garza real (en branco no centro da instantánea

PREPARANDO O INICIO DO CURSO 2015-2016
En setembro cómpre matricularse. Xa sabedes que o Plano Bolonia esixe a matrícula en 4 asignaturas (3 obrigatorias y 1 optativa) o que supón un total de 12 créditos. Parece ser que o prazo se ampriará case ata mediados de outubro (día 13)

29 DE SETEMBRO: ACTO OFICIAL DE APERTURA DO CURSO 2015-2016.
Este 2015 a apertura do curso 2015-2016 realizouse na Escola Universitaria de Formación do Profesorado (antes Maxisterio). O acto deu comezo ás cinco da tarde tomando a palabra para iniciar a apertura o Sr Vicerrector. A continuación tomou a palabra a Sra directora de IV Ciclo e por último o SR Coordinador do Ciclo en Lugo.
Entre as exposicións hai moito que salientar pero no que atingue á continuidade do Ciclo é importante dicer que aumentou sensiblemente o número de matriculados/as en primeiro curso con respecto ao ano anterior.
No transcurso do acto, María, estudante de IV Ciclo, recibiu de mans do Sr coordinador en Lugo D. Emilio Carral a banda e diploma acreditativos da concesión dunha beca por ser alumna desde os inicios destes estudos hai xa 18 anos. Tamén se entregou o premio do Concurso fotográfico de Nadal.
Asimesmo, comunicouse ao público asistente que se nomea como patroa do IV Ciclo a Francisca Álvarez González,  muller ourensá da posguerra que destacou na súa época como mestra, pequena empresaria e polo seu labor de alfabetización de menores e maiores na vila de Cambre, misións conseguidas con éxito e moito esforzo xa que tivo que sacalas adiante ela soa. 
No acto, creou gran impacto e subidas de tono a apreciación de que o IV Ciclo como ensinanza reglada non admite nas aulas a figura do "alumno oínte", é dicer, o alumnado que sen pagar nen matrículas, nen taxas, nen seguros, asiste ás clases sen obrigas pero adquirindo "dereitos inexistentes". Moitos-as son os que nos cuestionamos que se todos tomásemos a determinación de ser oíntes, cal sería o futuro da Universidade de maiores?
Outro tema quente ou polo menos temperado foi a ratificación do inicio de curso o día 1 de outubro xa que en Lugo nos agarra en plenas festas de San Froilán e non estabamos acostumados a tales inicios así que, entre que si o 13, que si o 1, o profesorado estará o vindeiro xoves día 1 e seguintes ao noso dispor para iniciar con normalidade as clases.
Para rematar o acto presentouse a Asociación de alumnado de IV Ciclo que preside Lucía e que estivo acompañada por David como vicepresidente e Xosé como secretario que, tomou a palabra e solicitou ao novo alumnado que lle transmitisen á Asociación o seu correo-e como canle de información continuada. Se queredes enviar a vosa dirección podedes facelo a ivciclo.lugo@gmail.com poñendo como asunto  Alumno/a de IV Ciclo.